A UCC+i convoca a segunda edición do concurso de vídeos ‘Youtubers Científicos’

DUVI | Que a ciencia non se quede nos laboratorios e que o coñecemento que se xera nas universidades e nos organismos de investigación se espalle pola sociedade e repercuta no seu benestar. Son os obxectivos fundamentais da divulgación, unha faceta que cada vez ten máis presente o persoal docente e investigador pero que cómpre de certos coñecementos, claves e estratexias.