A EE de Minas e Enerxía lanza catro concursos para fomentar a creatividade e visibilizar os retos do sector

Concurso Minas

DUVI | Co obxectivo de amosar os desafíos, recursos e saídas profesionais do seu sector, a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía convoca unha nova edición dos seus concursos de fotografía, curtametraxes e maquetas de escavadoras e instalacións eficientes. Trátase dunha serie de certames abertos á sociedade que queren proxectar as titulacións impartidas no centro e facer fincapé na importancia da explotación sostible dos recursos minerais e enerxéticos. Tendo en conta todos os concursos e as súas categorías, a escola repartirá este ano un total de 2030 euros.