DUVI | Dar a coñecer e proxectar a investigación máis aló dos laboratorios e achegala á sociedade. A divulgación é unha das funcións fundamentais das universidades, xunto coa docencia e a I+D, e a Unidade de Cultura Científica quere implicar o PDI nestas tarefas. Así, no marco do seu plan anual de actividades Ciencia de Ida e Volta, que conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología-Ministerio de Ciencia e Innovación, organiza a primeira edición do concurso de vídeos Youtubers científicos. O obxectivo é que as persoas participantes elaboren un vídeo dunha duración máxima de dous minutos no que expliquen o seu traballo ou calquera outro contido científico dunha forma divulgativa e amena.