Alumnado de Traballo Social desenvolve seis proxectos no eido da intervención, o xénero e a violencia

Expo_Proxecto

DUVI | Ao longo deste segundo cuadrimestre, unha trintena de alumnas e alumnos da materia Xénero, Violencia e Intervención Social, de cuarto curso do Grao de Traballo Social da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense, traballaron arredor do desenvolvemento de produtos innovadores destinados a cubrir unha necesidade detectada na súa comunidade. Este xoves presentaron ante a comunidade universitaria e axentes dos eidos que abranguen as súas propostas os resultados acadados, que van desde unha guía de parentalidade positiva ata un podcast sobre a reinserción de agresores.

Seguir lendo no Duvi