Anfaco-Cecopesca e Ecimat confirman a viabilidade de producir semente de mexillón en criadeiro

DUVI | O proxecto Musselgo, liderado pola Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos (Anfaco-Cecopesca) en colaboración coa Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (Ecimat) da Universidade de Vigo, confirmou a viabilidade de producir semente de mexillón en criadeiro. Logo de ano e medio de traballo, o proxecto concluíu as derradeiras experiencias de produción sostible de semente de mexillón en criadeiro, “mellorando os puntos críticos” do cultivo, como a calidade nutricional de microalgas secas e valorando metodoloxías de colleita e concentración.