Cal é o impacto social e ambiental dunha camiseta?

Imaxe do proxecto

DUVI | Cal é o impacto social e ambiental da túa camiseta? Esa é a pregunta á que estudantes do Grao en Educación Primaria achegan múltiples respostas nunha serie de vídeos divulgativos que desenvolveron no marco da materia Educación ambiental para o desenvolvemento e que difunden a través da rede. Inserida nun proxecto de innovación educativa centrado nos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS), esta iniciativa buscaba sensibilizar aos futuros e futuras docentes das “consecuencias da fast fashion”, a través dunha reflexión centrada “nos actos cotiás da nosa vida, como a compra dunha simple camiseta”, como explica a súa coordinadora, a profesora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Mercedes Varela.