Dos ecosistemas de aprendizaxe á aprendizaxe cos ecosistemas

Un intre do obradoiro sobre o ensino de ciencias

DUVI |  De pór en relevo a necesidade de que o ensino das ciencias teña en conta os seres vivos como parte dun ecosistema a incidir na importancia dos espazos como elemento educativo e na necesidade de xerar “ecosistemas de aprendizaxe” que impliquen a todos os axentes e elementos implicados neste proceso. Estes eran os obxectivos centrais de dúas actividades promovidas este luns pola Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte; un obradoiro sobre como facer uso da contorna natural para o ensino das ciencias e unha conferencia da arquitecta e educadora Mar Penela sobre como os espazos poden condicionar os procesos de aprendizaxe e como implicar a docentes e estudantes na súa transformación.