Localízase unha cabeza antropomorfa de pedra do século I no xacemento da Cibdá de Armea

En primeiro plano, imaxe dos traballos na rúa principal

DUVI | Durante o mes de xullo, o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo (GEAAT) realizou a súa décima campaña anual de intervención arqueolóxica no xacemento romano da Cibdá de Armea (Allariz, Ourense). Rematadas este venres as tarefas de escavación, os seus responsables realizan un balance moi positivo dos avances acadados, entre os que destacan a ampliación do xacemento en 200 novos metros escavados, a localización de estruturas de ocupación previa e a localización de numerosos retos materiais entre os que sobresae unha cabeza de pedra de figuración humana, previsiblemente do século I despois de Cristo, que supón un dos poucos vestixios do seu tipo localizados ata o momento en Galicia.