Minutese é unha iniciativa da Unidade de Cultura Científica e da Investigación (UCC+i) para descubrir e compartir as investigacións das últimas teses defendidas na Universidade de Vigo. Un exercicio de divulgación científica para contribuír a democratizar o acceso á ciencia.

Con este proxecto convidamos a recentes doutoras e doutores a resumir o contido da súa tese nun minuto, cunha linguaxe sinxela e adaptada para diversas audiencias. O desafío consiste en lograr unha exposición clara, concisa e accesible do seu proxecto de investigación en tan só un minuto de tempo.

Os temas presentados reflicten a multidisciplinariedade da investigación en ámbitos como o tecnolóxico-científico, o xurídico-social e o humanístico.