O IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa gaña a IV Olimpíada Galega de Historia

Final e entrega dos premios

DUVI | O equipo Empecinad@s do Alobre, do IES Castro Alobre, de Vilagarcía de Arousa, proclamouse este venres campión da IV Olimpíada Galega de Historia. Fai Historia con Nós. O segundo posto foi para Os Bonapartistas, do IES Santa Irene, de Vigo; o terceiro para Penta Alianza, do CPR Padres Escolapios, de A Coruña, e o cuarto para A Cuádruple Alianza dos Guerreiros de Cristo, do IES Ramón María Aller Ulloa, de Lalín. Nesta edición foron 29 os equipos formados por alumnado de 4º curso de Educación Secundaria Obrigatoria de centros das catro provincias os que participaron na competición organizada pola Facultade de Historia do campus de Ourense.