O rendemento físico dos futbolistas da liga española diminúe un 2% por cada ano que cumpren

DUVI | Por cada ano que cumpren, a distancia que os xogadores da primeira división do fútbol español percorren sobre o campo a máis de 21 quilómetros por hora diminúe un 1,8%.Esta é unha das principais conclusións do estudo que os investigadores da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Ezequiel Rey, Miguel Lorenzo e Carlos Lago realizaron do rendemento tanto físico como técnico-táctico de 154 xogadores da liga española ao longo de oito tempadas e que constitúe a primeira investigación de carácter lonxitudinal sobre os efectos da idade no fútbol de elite, no que se compara o comportamento dun mesmo xogador en diferentes tempadas.