O xénero é unha variable que incide na competencia motriz obxectiva e percibida na adolescencia

Actividade do Campus Ourense Rugby Club

DUVI | “Existen diferenzas significativas por motivos de xénero na competencia motriz obxectiva e na percibida, aínda que os hábitos físico-deportivos se atopan nunha tendencia positiva cara á igualdade. En concreto, comprobouse que nos varóns a competencia obxectiva asóciase coa percibida mentres que nas mulleres esta relación non existe”. Esta é unha das conclusións dun estudo levado na Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense e no que se analizou a competencia motriz obxectiva e percibida en adolescentes desde un enfoque de xénero.