Un equipo da UVigo analiza nun informe a realidade socioeconómica do concello de Ourense

Andrés Mazaira durante a presentación do informe

DUVI | Un informe socioeconómico para o deseño de estratexias para a creación de emprego no concello de Ourense. Así se presentou este xoves un traballo realizado por investigadores e investigadoras do Departamento de Organización de Empresas e Márketing da Universidade de Vigo para o Concello de Ourense. Trátase dunha pormenorizada análise na que se abordan “todos os indicadores posibles para que axuden a apuntar cara un modelo de cidade que estea preparado para afrontar os retos máis inmediatos: a organización social logo da covid, a crecente e imparable dixitalización, a I+D+i ou a revolución verde”, segundo apuntaron os seus responsables. Ademais, quere contribuír a “desenvolver políticas que repercutan na mellora da calidade do emprego e nas condicións de vida da cidadanía”.