Unha tese conclúe que existe unha relación significativa entre as habilidades cognitivas e a metacomprensión lectora en español

Carla María Míguez, investigadora no eido dos Estudos Lingüísticos

DUVI | No proceso da lectura interveñen unha serie de habilidades cognitivas como a capacidade para a descodificación das letras nos seus sons correspondentes, o coñecemento do vocabulario que aparece no texto, as habilidades de procesamento sintáctico, os coñecementos e experiencias previas que require el texto, as características do xénero ao que pertence o texto, etc. Este proceso iníciase antes da escolarización dos nenos e nenas, pero é na etapa da educación primaria cando se consolidan estas habilidades e tamén cando comezan as dificultades lectoras.

Seguir lendo no Duvi