DUVI | Baixo o lema Conecta con atlanTTic, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da UVigo celebrará o vindeiro venres, 18 de novembro, entre as 16.00 e as 19.00 horas, unha nova xornada de portas abertas co obxectivo de achegar o seu traballo á cidadanía. Unha vintena de investigadoras e investigadores que desenvolven a súa actividade no centro, amosarán o seu labor e atenderán as preguntas e dúbidas que sobre a mesma lle formulen ás e os participantes na xornada, que poderán visitar as instalacións e participar nas visitas guiadas aos laboratorios do centro de excelencia investigadora da Universidade de Vigo.