A EE de Minas e Enerxía consegue un novo galardón no concurso internacional Ciencia en Acción

Aula aberta á tecnociencia

DUVI | 2016, 2018 e 2020. Unha edición máis, e xa van tres, o concurso internacional Ciencia en Acción volve premiar unha iniciativa de divulgación científica posta en marcha desde a Escola de Enxeñaría de Minas e da Enerxía da Universidade de Vigo. Nesta ocasión concedéronlle a Mención de Honra na modalidade Ciencia e Tecnoloxía ao traballo Aula aberta á tecnociencia: ciencia e tecnoloxía ao alcance de tod@s, iniciativa impulsada por José Santiago Pozo, María Araújo, Raul Figueroa, Iván Garrido, Roi Otero, David Patiño, Raquel Pérez e José Benito Vázquez e que consiste nunha serie de talleres divulgativos para estudantes de secundaria e bacharelato no que cada ano participan arredor de 1000 estudantes de distintos puntos da xeografía galega.