Ciencia escríbese con C de Cinbio

DUVI | O Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo está xa inmerso nunha nova edición da Ciencia con C de Cinbio, unha iniciativa que pretende abrir as portas do centro á sociedade e dar a coñecer o traballos que realizan os diferentes grupos de investigación que o conforman. Nesta segunda edición do programa inclúense feiras na rúa, xornadas de portas abertas ou actividades para instituto e para maiores de 65 de anos.