Exposición itinerante 100 lunas cuadradas

Regón de Antares con Cúmulos Globulares

A exposición itinerante “100 lunas cuadradas” forma parte do plan anual de actividades 2021-2022 da UCC+i “Ciencia de ida e volta”, que conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia e Innovación.

A partir do 1 de decembro de 2021 e ata o 14 de febreiro de 2022 poderá visitarse na Biblioteca do Campus de Ourense. Despois trasladarase a Pontevedra e, finalmente, estará en Vigo.

A mostra está composta por fotografías feitas no Observatorio do Teide do Instituto de Astrofísica de Canarias. “100 lunas cuadradas” rende homenaxe á fotografía por permitir multiplicar os datos obtidos cos telescopios, amosando imaxes que abranguen practicamente todo tipo de obxectos astronómicos e algúns descubrimentos relevantes en astrofísica como sistemas exo-planetarios, estrelas adolescentes, fósiles cósmicos, lápidas fugaces ou grupos galácticos. A exposición estivo antes no Instituto Cervantes de Tokio, en varias universidade xaponesas e na Galería Nacional de Tokio.

Non a perdas!