Nace, con sede no CIM-UVigo, a Sociedad Española de Criobiología

DUVI Con sede no Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo e coa científica Estefanía Paredes como presidenta fundacional, nace a Sociedad Española de Criobiología (SECrio). Esta entidade pretende agrupar unha ampla diversidade de profesionais con intereses neste ámbito de coñecemento que estuda os efectos das baixas temperaturas en materiais ou sistemas biolóxicos.