Un laboratorio de microbioloxía no instituto

MicroMundo@UVigo

DUVI | Co dobre obxectivo de fomentar o uso responsable de antibióticos e ao mesmo tempo espertar a vocación científica entre os rapaces e rapazas, os institutos ourensáns IES O Couto e IES Blanco Amor están a acoller a celebración dunha nova edición da iniciativa MicroMundo@UVigo. Nela, as e os escolares teñen a oportunidade de pórse na pel de científicas e científicos que no seu propio laboratorio de microbioloxía buscan a solución a un problema real.

O proxecto MicroMundo, comenta a súa coordinadora para a Universidade de Vigo, a profesora María José Pérez, pretende transmitir á sociedade as bases científicas do problema da resistencia aos antibióticos e tomar acción involucrando a estudantes e sociedade en liñas de investigación orientadas a solucionalo. A iniciativa, na que a institución académica participa desde 2017 cun equipo coordinado desde a Facultade de Ciencias do campus de Ourense, consiste en…