Unha publicación analiza a actividade emprendedora no medio rural

DUVI | A publicación Actividad emprendedora en el medio rural, encargado á Red GEM España-Observatorio del Emprendimiento por parte do Observatorio Maphre de Finanzas Sostenibles, recolle unha análise das características do emprendemento en municipios do ámbito rural español (menos de 5000 habitantes). Nel, apúntanse datos como que a idade promedio das persoas que teñen intención de emprender nos próximos meses é de 38 anos; que tres de cada catro persoas que viven no rural cren que non hai oportunidades para emprender e que aproximadamente a metade da poboación rural pensa que está capacitada para emprender.