Unha tese analiza o efecto de diferentes compostos bioactivos sobre o sistema inmune

Noelia Cambeiro

DUVI | Os compostos bioactivos de orixe natural, extraídos principalmente de plantas e bacterias, suscitan un grande interese entre outros motivos polo seu impacto no sistema inmune das persoas. Na súa tese de doutoramento, a investigadora da Universidade de Vigo Noelia Cambeiro abordou o efecto de varios deses compostos sobre o sistema inmune.

A tese, titulada Effect of bioactive compounds on the immune system. A multiplatform metabolomics approach (Efecto dos compostos bioactivos sobre o sistema inmune. Unha aproximación metabolómica multiplataforma) foi realizada no Departamento de Química Analítica e Alimentaria, concretamente no grupo de investigación Food and Health Omics da Facultade de Ciencias do campus de Ourense coa codirección da profesora Elena Martínez Carballo.