DUVI | Hipatia de Alexandría, Concepción Arenal, Maria Montessori e así ata 32 nomes de educadoras que destacaron ao longo da historia forman parte da mostra Educación en feminino: un paseo pola historia que desde este mércores se pode ver no primeiro andar da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense. O achegamento a cada unha das homenaxeadas foi realizado o pasado curso académico por alumnado de primeiro do Grao en Mestre ou Mestra de Educación Primaria e do dobre Grao Infantil e Primaria da Facultade de Formación do Profesorado do campus de Lugo (USC) no marco da materia Teoría e Historia da Educación Escolar.
32 referentes femininos para as e os futuros educadores
