Plans

Como axente xerador e transmisor de coñecemento, consideramos fundamental o achegamento á sociedade mediante a divulgación, a difusión e transferencia.

A divulgación do coñecemento implica a difusión, non só dos últimos avances xerados nos organismos de investigación, senón tamén de informacións e contidos que non necesariamente son novos ou de actualidade, pero que contribúen a aumentar o nivel de cultura científica e tecnolóxica da cidadanía. O carácter heteroxéneo da sociedade fai necesario considerar diversas vías de difusión para acadar este obxectivo.

Deste xeito, desde a UVigo proporcionamos o acceso a formación específica ao corpo investigador para mellorar as súas capacidades comunicadoras, traballando así na emisión mensaxes accesibles pero rigorosas e adaptadas a cada formato e canle. Ofrecer información atractiva e comprensible é crucial para chegar a persoas non especialistas nas materias.

Sendo fieis ao noso firme compromiso coa calidade, a excelencia e o desenvolvemento da nosa contorna socio-económica, temos unha especial preocupación por facer chegar a investigación á sociedade. Con este obxectivo sempre presente, preparamos o I Plan de divulgación científica da Universidade de Vigo, no que se expoñen liñas de actuación para non só contribuír a un maior coñecemento da actividade investigadora, senón tamén ao fomento e mellora da cultura científica da sociedade.

 

Memorias anuais

 

Memorias de actividades

Ver todas