Investigación na UVigo. Unha aposta pola excelencia
Dende a Unidade de Cultura Científica e da Innovación traballamos da man do corpo investigador para potenciar a difusión dos resultados da súa investigación, axudando por medio das nosas canles a dar máis visibilidade ás publicacións no DUVI e xerando novos materiais. Co asesoramento e indicacións dos investigadores, a UCC+i crea material gráfico e audiovisual para explicar e dar a coñecer os seus traballos.
Ademais, a UCC+i colabora na redacción dos plans de comunicación e actividades divulgativas dos diferentes grupos de investigación dende a fase de planificación dos seus proxectos, facéndoo a medida das posibilidades de cada iniciativa e colabora nas accións comunicativas tanto de difusión como de divulgación da súa actividade.
Ao mesmo tempo, traballamos para poñer en valor a figura da persoa investigadora e para mostrar a importancia da súa actividade mediante accións especialmente orientadas ao público xeral non especializado.
Novidades