Na Universidade de Vigo somos unha institución comprometida coa nosa contorna socioeconómica, que vive e traballa preto das persoas. Dende que demos os primeiros pasos, traballamos porque os resultados de investigación repercutan positivamente na sociedade, contribuíndo ao seu desenvolvemento en todos os planos, tanto transferindo o coñecemento xerado ao tecido empresarial como traballando pola mellora da cultura científica da cidadanía. Con este espírito, a finais de 2018 nace a Unidade de Cultura Científica e da Innovación, que forma parte da Rede UCC+i da FECYT.

A UCC+i , dependente da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais e da Vicerreitoría de  Investigación vertebra e coordina as actividades de comunicación social da ciencia da Universidade e ofrece apoio e formación ao corpo investigador tanto na difusión dos seus resultados de investigación como nas actividades de cultura científica nas que participe.

Contacta con nós
ucc@uvigo.es | +34 986 130 263

SUSCRÍBETE Á NOSA LISTA DE CORREO
– exclusiva persoal UVigo –