Solicitude de certificados

Para solicitar certificados de participación en actividades de divulgación científica promovidas pola Universidade de Vigo, deberás encher un formulario a través da Secretaria Online (necesario iniciar sesión).

Ademais de encher algúns datos persoais, vas precisar unha proba documental da celebración e da túa participación na actividade (fotografía, vídeo, certificado doutra entidade, publicación en medios, publicación en medios sociais…).

Se es persoal alleo á Universidade de Vigo, por favor contacta connosco directamente.

Solicitude de certificado

 

Máis información en
xestionucc1@uvigo.es |+34 986 130 118