Co gallo do Día Mundial da Parada Cardíaca
DUVI | O salón de actos da Escola de Enxeñería Industrial acolleu esta mañá un obradoiro teórico-práctico de reanimación cardiopulmonar, no que profesionais sanitarios de Medicina Intensiva do Hospital Álvaro Cunqueiro amosaron á comunidade universitaria as técnicas de reanimación cardiopulmonar. Co gallo do Día Mundial da Parada Cardíaca, médicos e enfermeiras deron a coñecer no campus vigués como actuar nunha situación de parada, empregando técnicas como a masaxe cardíaca e o uso do desfibrilador.
Reinicia un corazón en tres pasos: comproba, chama e comprime é a mensaxe na que incidiron as e os 22 profesionais sanitarios que se desprazaron hoxe a cinco centros educativos …