A III Olimpíada Galega de Historia pasa a formato virtual

III Olimpíada de Historia

DUVI | O día 22 de maio estaba previsto que o campus de Ourense acollese a III Olimpíada Galega de Historia, organizada pola Facultade de Historia co obxectivo de fomentar a paixón polo coñecemento do pasado entre os máis novos e novas. Debido ao actual contexto educativo derivado da loita contra a COVID-19, a organización anula a súa celebración presencial e aposta pola súa realización virtual.

Segundo explica Susana Reboreda, decana da Facultade de Historia, “dado que resulta impensable que a olimpíada se desenvolva tal e como a concibimos cando fixemos a convocatoria, decidimos…