DUVI | A Organización das Nacións Unidas celebra cada 22 de marzo o Día Mundial da Auga, co obxectivo de difundir a relevancia que ten a auga doce para o planeta e a necesidade de combater a súa escaseza en todo o mundo. Neste 2024 o lema escollido é Auga para a paz, facendo fincapé no papel deste recurso para a promoción da harmonía e prevención de conflitos. A Universidade de Vigo tamén se suma a esta conmemoración cunha serie de actividades que buscan concienciar da importancia do acceso universal á auga potable e o seu saneamento. As acción principais deseñadas pola institución académica son unha serie de podcast realizados por persoal investigador e un concurso escolar de microrrelatos.