DUVI | Na súa tese de doutoramento, a investigadora lusa Ana Isabel da Silva Castro Forte abordou, desde a psicoloxía feminista crítica, o fenómeno da violencia nas relacións de parellas adolescentes, tanto presencial como na súa transposición ao contexto dixital, tamén denominada cyber teen dating violence. Entre os principais resultados do seu estudo, centrado no norte de Portugal, destaca como a violencia exercida no ámbito dixital “presenta dinámicas similares ás xa estudadas na violencia das relacións de parellas adolescentes perpetrada cara a cara”.
