DUVI | Mellorar, a través de vídeos divulgativos, a competencia mediática da cidadanía, achegándolle estratexias e recomendacións para facer fronte á desinformación e ás fake news que se difunden a través internet, e facelo partindo do diálogo con persoas de diferentes perfís, participantes no banco de tempo A Redeira. Esta é a base do proxecto de aprendizaxe-servizo que, ao longo deste cuadrimestre, o profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Alberto Dafonte desenvolve con máis de 60 alumnos e alumnas do grao en Publicidade e Relacións Públicas. Nunha iniciativa que, neste período de suspensión da docencia presencial por mor do coronavirus continúa desenvolvéndose con titorías e xuntanzas a través de medios electrónicos, os alumnos e alumnas deben elaborar, atendendo ás necesidades de diferentes persoas e colectivos, unha serie de pezas audiovisuais nas que acheguen…