Arranca a Semana da Axenda 2030 na UVigo, panca de cambio cara unha sociedade máis xusta e inclusiva

O reitor destaca a importancia de incluír os ODS no centro da actividade docente e investigadora

 

DUVI | Tres días de conferencias, obradoiros, concertos e actividades culturais con selo sostible. Este mércores arrancaron no campus de Vigo as Xornadas sODStendo o planeta. Semana da Axenda 2030 na UVigo, un amplo paraugas baixo o que se abrigan toda unha serie de actividades dirixidas a sensibilizar á comunidade universitaria, especialmente ao alumnado, sobre a importancia de situar o desenvolvemento sostible, e o que isto implica na protección do planeta e na procura de sociedades máis xustas e inclusivas, no centro da actividade diaria, tanto a nivel individual –cada un na súa propia axenda- como a nivel colectivo.

A inauguración das xornadas reuniu no paraninfo do edificio…