DUVI | La Aventura del Saber é un dos programas máis recoñecidos de divulgación científica no panorama televiso español. En antena dende 1992 en TVE2, o ano pasado abriu unha nova fiestra á ciencia con Universo Sostenible, un espazo impulsado por 31 universidades coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología que se emite semanalmente dentro da estrutura do programa.
A segunda etapa desta serie audiovisual, que arranca este mércores, está formada por 13 episodios e contará coa participación de tres investigadoras da Universidade de Vigo: África González, Beatriz Comendador e Lola Dopico…