DUVI | O grupo de investigadores das universidade de Vigo, Santiago e Aveiro que hai dous meses adiantou como expansión da pandemia da COVID-19 en Galicia está a poñer en marcha un novo proxecto que permitirá prever, a curto e medio prazo, os recursos necesarios para loitar contra a COVID-19.
Esta nova iniciativa nace da experiencia previa deste equipo, integrado por Iván Area (Universidade de Vigo), Faiçal Ndaïrou (Universidade de Vigo e Universidade de Aveiro), Juan J. Nieto (Universidade de Santiago de Compostela) e Delfim Torres (Universidade de Aveiro) que, baseándose na análise dos datos de Wuhan, realizou unha serie de simulacións que situaban o máximo número de casos da pandemia arredor do 5 de abril, data prevista para as eleccións galegas que finalmente houbo que adiar.