Ciencias Xurídicas e do Traballo busca os mellores traballos de investigación en lingua galega

DUVI | A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo acaba de abrir a convocatoria da terceira edición do III Premio de Investigación xurídica en lingua galega Xosé Luis Franco. O galardón, nado en 2022, está dirixido a fomentar o emprego da lingua galega nos traballos científicos no eido do dereito entre o estudantado de grao e mestrado. Nesta nova edición aumenta a dotación económica dos galardóns, que acada os 500 euros en cada unha das dúas modalidades: alumnado da propia facultade e alumnado de calquera outra universidades do Estado. O coordinador de Normalización Lingüística da facultade, Xosé Manuel Pacho, explica que a contía dos premios aumentou de 400 a 500 euros para “tentar poñer en valor os traballos xurídicos en galego en cada modalidade.”