A terceira edición do concurso de vídeos Youtubers científicos busca potenciar a capacidade de divulgación e comunicación social da ciencia por parte do persoal investigador da institución. O obxectivo é que, a través dun vídeo curto, as persoas participantes dean visibilidade ao seu traballo ou a outro contido de carácter científico ou tecnolóxico que consideren de relevancia e interese para a cidadanía. Esta actividade enmárcase dentro do plan anual Ciencia de ida e volta, coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología-Ministerio de Ciencia e Innovación, busca potenciar a capacidade de divulgación e comunicación social da ciencia por parte do persoal investigador da institución.

Dúas sesións de formación previa

Como nas edicións anteriores, previamente á fase do concurso, nestas últimas datas tiveron lugar unha serie de sesións formativas para persoal investigador da Universidade interesado en concursar. Nesta ocasión foi o xornalista Gabriel Fuentes o encargado de impartir a formación en liña os pasados 15 e 20 de maio.

Nestas xornadas abordáronse aspectos técnicos como gravación, edición ou estratexias para identificar a audiencia e definir obxectivos, así como outras cuestións como a adaptación da mensaxe ao público, a estruturación do fío narrativo ou a comunicación pensando no proceso e no resultado.

Candidaturas presentadas


Autoras: Maria Lameiras Fernández (IP do grupo de investigación PT1, GRUPO DE INNOVACIÓN: Hildegard: Innovación en Sexualidade, Xénero e Saude), María Rodríguez Ramos e Yolanda Rodríguez Castro.