Experimentan a fundición de machados de bronce para entender a súa produción na Prehistoria


O CITI acolleu a realización de varias actividades con esta finalidade

DUVI | Durante as fases finais da Prehistoria europea, principalmente durante a Idade do Bronce e os inicios da Idade do Ferro, grandes cantidade de bronce foron enterradas en forma de depósitos illados, coñecéndose especialmente depósitos de machados de bronce que suman varias toneladas. Esta práctica amosa unha intensidade especial na Europa atlántica e, a pesar dunha longa tradición investigadora e as extensas discusións científicas, segue suscitando numerosas incógnitas.