DUVI | 21 fotografías realizadas polo profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Jorge Lens en Vigo, Cangas e Bueu, pero tamén en Braga, Melgaço, Vila Nova de Cerveira, Lisboa e Londres serviron á escritora e xornalista Ana B. Gómez para dar forma a El bosque de los deseos, un relato infantil que articula a súa trama arredor dunha serie de imaxes sen un nexo de unión previo e que non foran pensadas para un público infantil. “Trátase de fotografías que pertencían a outros proxectos ou feitas nas miñas viaxes por Europa”, explica Lens do punto de partida dun conto que constrúe a súa trama a partir dunha selección de imaxes que o docente foi colgando na súa conta de Instagram.
“Ningunha foto está feita nun contexto infantil, son imaxes tomadas directamente da realidade”, engade Lens do punto de partida de El bosque de los deseos. Publicado pola editorial Lobito Bueno, Gómez constrúe neste libro, a partires desta selección de imaxes, a historia dunha nena que viaxa aos seus catro mundos imaxinarios favoritos, o dos dinosauros, o das festas, o dos bonecos e o dos superheroes. “A raíz das fotos que ía elixindo, ía escribindo o texto”, explica Lens do que…