DUVI | Que procesos inflúen en que algunhas especies vivan nunha parte determinada da Terra e non en outra? Débese a que as condicións non son axeitadas para vivir nese punto ou simplemente non foron quen de chegar alí? Unha investigación liderada pola USC, e na que participan investigadores da UVigo, do Museo Nacional de Ciencias Naturales de Madrid e do Natrual History Museum de Londres, achega luz a estas cuestións ao desenvolver una ferramenta de simulación de escenarios nos que comunidades de especies son sometidas a distintos graos de limitación no relativo á súa propia capacidade de dispersión, así como a diversas restricións ambientais.