O ciclo Café con Sal debulla as infraestruturas singulares coas que conta a Ecimat

Café con Sal
dav

DUVI | A Estación de Ciencias Mariñas de Toralla conta con infraestruturas punteiras para a realización de estudos de oceanografía, entre elas o HF radar e as instalacións de mesocosmos. Nelas centrouse a segunda conferencia do ciclo Café con Sal, da man de José González, investigador de Oceanografía Física, do Centro de Investigación Mariña.

Na súa intervención González lembrou que as infraestruturas singulares se poden definir como “grandes instalacións ou equipos dedicados á investigación de vangarda, abertos á comunidade científica nacional e internacional, cun investimento e/ou custos de mantemento elevados”. No caso das instalacións coas que conta a Ecimat, o investigador referiuse por unha banda aos HF radares, unha tecnoloxía mariña que proporciona…