DUVI | O Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI) naceu no ano 2005, creado pola Universidade de Vigo en colaboración coa Xunta de Galicia, co obxectivo de potenciar o desenvolvemento da I+D+i nas empresas así como a unión entre industria e universidade. Na actualidade, o centro conta cunha planta piloto con catro liñas principais de servizos e aposta pola innovación “non só científica senón tecnolóxica” coa incorporación da impresión 3D e o desenvolvemento de novos materiais.
O CITI amplía as súas liñas de traballo con impresión 3D e desenvolvemento de novos materiais
