DUVI | O grupo de investigación Governance and Economics Research Network (Gen) da Universidade de Vigo avoga por mobilizar os 25.000 millóns de superávit dos municipios para afrontar a crise da COVID-19. “Ante unha crise profunda e inesperada”, subliñan os seus responsables, “a necesidade de liquidez é vital: fai falta diñeiro para manter a demanda, para garantir que as empresas conten coa tesouraría necesaria para afrontar os pagos que deben facer, mesmo nunha situación de ERTE”. A liquidez, recalcan, é necesaria para que “o sistema non colapse no primeiro semestre do ano e para que no segundo se poida retomar a senda do crecemento económico”. Tamén é “indispensable”, engaden, que o Instituto de Crédito Oficial “lidere o proceso de fluxo do crédito”.
Os investigadores Santiago Lago, catedrático do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo e director do Grupo Gen, e Alberto Vaquero, profesor da Universidade de Vigo e co-director da Red Localis na que participa este grupo, recollen así…