DUVI | Autor de máis de 350 publicacións científicas indexadas en JCR, o catedrático da Universidade de Porto Jorge Mota “é un dos maiores expertos do mundo sobre actividade física e saúde”, segundo sinalan desde o grupo de investigación Hi-10, da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, que promove ao longo desta semana unha serie de encontros dirixidos a dar a coñecer ao catedrático portugués as diferentes liñas de traballo do grupo. O obxectivo desta serie de presentacións, nas que participan diferentes investigadores e investigadoras, é “ver futuras liñas de colaboración” que, como explica o responsable do grupo, José Luis García Soidán, contribúan a avanzar “nas liñas de traballo que xa estamos desenvolvendo, pero levándoas a outro nivel”, a través da colaboración con “redes internacionais e de posibles proxectos conxuntos”