O proxecto Inmena desenvolve un sistema automatizado de inspección e monitorización ambiental de edificios

Instalacións do Hospital Povisa de Vigo

DUVI | Tras tres anos de traballo, o proxecto Inmena presentou este xoves os resultados da investigación na procura da optimización da xestión enerxética de edificios. Esta iniciativa, inserida na convocatoria Conecta Peme da Xunta de Galicia, une empresas (DiagnóstiQA, coordinadora, Insega e Proyestegal) e persoal investigador, representado polos Grupos de Tecnoloxía Enerxética (GTE) e o Grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas (Geotech) da Universidade de Vigo. O proxecto conseguiu desenvolver un sistema automatizado de inspección e de monitorización ambiental de edificios que permite afondar no coñecemento das condicións de confort da zona de ocupación e na posibilidade de aplicar medidas de aforro enerxético sen que as mesmas supoñan unha redución na calidade do aire interior dos edificios. En concreto, neste estudo o equipo empregou como caso de estudo instalacións do Hospital Povisa de Vigo.