O vindeiro xoves 26 de maio de 2022 a Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da Universidade de Vigo organiza os obradoiros de astronomía “Astrofamilias”, unha acción que forma parte do plan anual de actividades da UCC+i “Ciencia de ida e volta” e que conta co financiamento da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia y Tecnología e a colaboración do Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico.
Trátase dun evento de divulgación científica co que se pretende achegar o mundo da astronomía dun xeito ameno e sinxelo ao público xeral e, en especial, a un público familiar, a través de dous obradoiros impartidos por Ana Ulla Miguel, astrofísica e investigadora da Universidade de Vigo, e Adolfo García, Capitán da Mariña Mercante e profesor de Navegación no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico.
Esta actividade terá lugar a partir das 17:00 horas no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico (55 Avenida da Beiramar, Vigo) e será necesario inscribirse previamente e de xeito gratuíto a través da seguinte ligazón.
Programa de actividades:
Grupo 1
- 17:00-18:00 horas: Visita ao planetario con explicación de Adolfo García, Capitán da Mariña Mercante e profesor de Navegación no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico.
- 18:00-19:00 horas: Coñece como funcionan as estrelas con Ana Ulla Miguel, astrofísica e investigadora da Universidade de Vigo
Grupo 2
- 17:00-18:00 horas: Coñece como funcionan as estrelas con Ana Ulla Miguel, astrofísica e investigadora da Universidade de Vigo
- 18:00-19:00 horas: Visita ao planetario con explicación de Adolfo García, Capitán da Mariña Mercante e profesor de Navegación no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico.
Agardámoste!