DUVI | O que no caso de Nuria Ferreiro Amoedo tivo a súa orixe nun desexo de preservar o patrimonio inmaterial relacionado coa etnomedicina, desde unha perspectiva interdisciplinar e personalizado nas figuras femininas de meigas, curandeiras, menciñeiras ou parteiras, para Elena Valcárcel Cao foi, foi unha consecuencia de moitos anos vinculada ao mundo do balonmán, nos que puido observar como chegada a adolescencia as mulleres abandonan a práctica deportiva, algo que non ocorre no caso dos homes. De aquí parten Convite ao avecer e Competencia motriz obxectiva e percibida en adolescentes: Un enfoque de xénero, o traballo fin de grao (TFG), o primeiro, e o traballo fin de mestrado (TFM), o segundo, que maior cualificación acadaron nas ramas de Artes e Humanidades e Ciencias Xurídicas e Sociais, respectivamente, na convocatoria 2020/2021 dos Premios Egeria á inclusión da perspectiva de xénero no TFG e TFM que outorga a UVigo.