Rescube, o cubo co que aprender xogando a salvar vidas

Rescube

DUVI | Rescube. Ese é o nome do cubo despregable deseñado por investigadoras e investigadores do grupo de investigación Remoss, da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, co obxectivo de que sirva como un recurso didáctico dirixido a ensinar a nenos e nenas como actuar no caso de atoparse ante unha vítima dunha posible parada cardíaca. Tomando como punto de partida a iconografía desenvolvida polas investigadoras Cristina Varela, Begoña Paz e Itziar Ezquieta nun proxecto de innovación educativa da facultade, o cubo presenta, a través dunha serie de imaxes protagonizadas por un superheroe infantil, os pasos a seguir no primeiro elo da chamada ‘cadea de supervivencia’: recoñecer que unha persoa pode ter sufrido unha parada cardíaca e a alertar aos servizos de emerxencia.