Un laboratorio exterior facilita os traballos de construción do barco solar da asociación CES-UVigo

Barco

DUVI | Desde a asociación CES-UVigo (Clean Energy Ship-UVigo),  integrada por unha decena de estudantes de enxeñaría, sobre todo da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, levan meses compatibilizando os estudos coa construción do seu propio barco solar e, desde agora, contan cun novo espazo no que poder traballar, un taller-laboratorio localizado no aparcadoiro da escola, o que facilita os traslados para as probas en auga, e con capacidade suficiente para aloxar a embarcación e todos os materiais e ferramentas necesarias para a súa posta a punto. O novo espazo foille cedido pola dirección da EET e a idea é que permaneza aí mentres que sexa útil.