Unha tese axusta os modelos de predición do risco de alternariose no cultivo da pataca co obxectivo de facer un uso sostible dos funxicidas

DUVI Cunha produción de máis de 110.000 toneladas anuais, A Limia (Ourense), explica a enxeñeira agrónoma Laura Meno, é unha das principais comarcas produtoras de pataca a nivel estatal. Na súa tese de doutoramento, esta investigadora da Facultade de Ciencias quixo contribuír á sostibilidade deste sector afondando no coñecemento da alternariose, unha enfermidade fúnxica que xunto co mildio supón unha das principais preocupacións para as e os agricultores. No seu estudo axustou os modelos de predición desta enfermidade ás condicións climáticas e agrícolas da zona co obxectivo de empregar os funxicidas de xeito correcto e xustificado, algo que, destaca, non só contribúe a mellorar a saúde do medio ambiente senón que supón un importante aforro económico para o sector.